Sobre min

Aquí podes ver o meu perfil completo en Linkedin.

Licencieime en Filoloxía Inglesa e cursei o máster en Formación do profesorado na USC.

Ensinei inglés en colexios, academias e no Ejército.

Ensinei galego ao equipo de marketing dun banco e a unha actriz.

Fun lingüísta en rodaxes de publicidade.

Deseñei un gran proyecto educativo para unha fundación e fun a súa directora técnica.

Construín un mapa sonoro con estudantes de ESO.

Teño deseñado e producido incontables proxectos culturais.

Teño sido formadora e relatora en congresos, xornadas e masters sobre medios dixitais, marketing de contido, redes socliais, literatura, bibliotecas, didáctica das linguas e pedagoxía.

Teño sido xurado en diversos certames literarios e teño coordinado algún deles.

Teño traducido, corrixido e revisado libros para distintas editoriais, e tamén catálogos de arte para museos, cancións para varios compositores e guións de cine.

Teño traballado como ID e UX en proyectos formativos de millóns de usuarios.

Fun coordinadora de formación en e-xusticia para a Xunta de Galicia.

Teño sido traductora e intérprete de cineastas e debuxantes de banda deseñada.

Teño producido discos.

Coordinei unha asociación profesional de librarías, onde coorganicei e fun a responsable de produción de varias feiras do libro.

Teño distribuído libros en Galicia e en Asturies.

Teño axudado artistas, empresas e institucións a crear e a xestionar as súas marcas.

Fun directora comercial dunha editorial.

Dirixín unha empresa de comunicación.

Galego